Novas, Novas de interese

Reunión de PuntoGal con PuntCat e PuntuEus

Na última semana do pasado mes de febreiro parte do equipo de PuntoGal desprazouse a Barcelona para manter unha reunión de traballo cos equipos doutros dous dominios membros do grupo de GeoTLDs, .cat e .eus.

A colaboración é habitual no caso destes dominios do grupo dos GeoTLDs, que comparten obxectivos e intercambian experiencias con asiduidade.

Neste caso, falouse das relacións cos rexistradores e posibles esforzos de marketing comúns, que posiblemente se fagan realidade nos próximos meses.

Tamén hubo tempo para comentar o desenvolvemento de servizos arredor dos dominios, compartindo plans e mesmo ideas de posta en marcha.
Un dos temas centrais do enconto foron as preocupacións de seguridade, unha das prioridades de PuntoGal nos últimos meses, e que fai que os tres dominios teñan percorridos moi salientables en canto a nivel de vixilancia, ausencia de malware ou phishing, e protección de identidade.
Ademáis destes temas, aproveituse a ocasión para formalizar e pechar o calendario de reunións deste ano, tanto as dos tres membros do grupo como as plenarias do GeoTLD.group ou a asistencia as de ICANN. En resumo, unha ocasión de actualizar políticas, poñer en común ideas e comparar resultados que sempre ofrece unha perspectiva nova e motivadora para continuar o noso traballo.