Novas, Novas de interese

PuntoGal participou un ano máis na FIRST LEGO League Galicia

Este sábado celebrouse a  edición da FIRST LEGO League Galicia no que PuntoGal colaborou por sexto ano consecutivo como patrocinador deste evento. A FIRST LEGO League é un programa internacional que fomenta as vocacións científicas e tecnolóxicas entre mozos e mozas, a través dun desafío que os equipos deben resolver. Este evento esta organizado en Galicia pola Universidade da Coruña, a través da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e o Campus Industrial.

Neste ano no desafío SUPER POWERED, que estivo inspirado na viaxe da enerxía, de onde provén e como se distribúe, os participantes terían que reimaxinar un mellor futuro enerxético.  A FIRST LEGO invita ós equipos a descubrir a diversión e a emoción da ciencia e a tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas mentres resolven problemáticas reais. Os equipos deseñan, crean e proban robots autónomos e operados por controladores, que deberán superar unhas probas durante o torneo.

O torneo que se levou a cabo na Facultade de Humanidades e Documentación e máis na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol mentres que o Xogo do Robot se disputou no Pavillón de Esteiro. O Auditorio Municipal de Ferrol acolleu a entrega de premios, xa en horario de tarde. Contou coa participación de máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia, dos que sairon vencedores nas diferentes categorías:

Primeiro Premio Ingeniera Soy ao Gañador – STEAM GIRLS Las Acacias do Colexio de Fomento Las Acacias de Vigo

Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador – Las Acacias BOT do Colexio de Fomento Las Acacias de Vigo

Primeiro Premio Concello de Ferrol aos Valores FIRST – Catabótica do IES Catabois de Ferrol

Segundo Premio Deputación da Coruña aos Valores FIRST – MEGA RIBEIRA SUPER LEGO de Mega Riveira de Ribeira

Nominación National Innovation Award – OS ROBOTS DO PAZO do IES de Fene

Premio Xunta de Galicia ao Proxecto – OS ROBOTS DO PAZO do IES de Fene

Premio ao Deseño do Robot – ROBOT CITY POBRA de Mega Riveira de Ribeira

Premio ao Comportamento do Robot – MEGA BUILDER TEAM de Mega Riveira de Ribeira

Premio Gabadi á Execelencia en Enxeñaría – CTRL+T do IES As Telleiras de Narón

Premio PuntoGal ás Novas Promesas – R4PZ4POS de Gazapo Xestión SL de Narón

Premio ao adestrador – Manuel Couceiro Martínez (CTRL+T do IES As Telleiras de Narón)

Este ano PuntoGal entregou un premio “As novas promesas”, que recoñece ao equipo que os xuices consideraron que destacaba especialmente e do que esperan grandes avances no futuro, e que foi entregado por un membro do equipo de PuntoGal que estivo presente no acto.

PuntoGal mantén un convenio de colaboración e patrocinio coa Universidade da Coruña para apoiar o evento, que forma parte da área de proxectos institucionais apoiados dende o dominio.