Novas, Novas de interese

Que é a ICANN?

A ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers)  é unha organización sen ánimo de lucro de orixe estadounidense que opera internacionalmente.

Foi creada para responder ante a necesidade de xestionar a administración de internet e os nomes que a conforman.

Antes da ICANN, a IANA ou Internet Assigned Numbers Authority era a organización encargada de facer os labores de asignación de identificacións en internet.

A ICANN foi fundada el 30 de setembro de 1998, e orixinalmente estaba formada por 3 organizacións de apoio, que eran a ASO (Address Supporting Organization), a PSO (Protocol Supporting Organization) e a DNSO (Domain Names Supporting Organization).

As principais responsabilidades da ICANN son:

  • Asignar direccións IP ou do protocolo de internet, que é o que identifica un dispositivo de internet ou  a unha rede.
  • Administra o sistema do servidor raíz.  Este último é o que coñecemos como un server de nomes. É o primeiro paso para a resolución de nomes lexibles para os hosts en formato de direccións IP. A identificación dos mesmos debe ser perfecta para propiciar unha boa comunicación entre eles. Por exemplo a dirección IP 82.98.189.209 corresponderiase co enderezo de dominio.gal. Os servidores de DNS (servidores de nomes) son os encargados de facer esa tradución para levarche ao sitio indicado.
  • Designan a diferentes organizacións e empresas para cumprir un determinado traballo, como a xestión de dominios.

Cada ano fánse máis de 300 reunións internacionais públicas en diferentes partes do globo, que duran de 4 a 6 días. A estas están invitados os membros da comunidade internacional da ICANN.

Neste congreso os temas expostos son:

PuntoGal participa nesta organización tamén a través de GeoTLD.Group, co fin de dar representación a Galicia como entidade en internet. Neste grupo fanse reunións coa ICANN, onde o dominio galego ten voz na toma de decisións respecto ás políticas de internet desenvoltas ou previstas a nivel nacional e internacional. Ademáis disto, o dominio tamén pertence a RYSG (Registries Stakeholder Group) conformado por rexistradores e rexistros.

As accións da ICANN son fundamentais para que o usuario poida acceder con confianza a internet desde todas as partes  do mundo. Estes grupos fan peticións propias que son discutidas e negociadas co apoio da Unión Europea e outras organizacións do noso continente que traballan na área de internet.

Manter a privacidade e a seguridade no mundo virtual non é nada fácil, pero, grazas ás aportacións da ICANN e os seus grupos de traballo, onde participa PuntoGal, a evolución cara unha rede maís segura non para.

Esta semana celébrase a reunión da ICANN74, na Haia, Holanda, do 13 ao 16 de xuño, onde se debaten todos os temas mencionados anteriormente e onde PuntoGal ten representantes.