Remata o IV Concurso de Microrrelatos de PuntoGal e a Academia Galega
1 de marzo de 2021 -Este pasado domingo día 28 de febreiro rematou o prazo de presentación de relatos para o IV Concurso de Microrrelatos de PuntoGal e a Real Academia Galega. As dúas entidades mostran a súa satisfacción pola crecente participación de relatos, que este ano superan os 1.500. o dobre da participación do ano anterior e tres veces máis que no segundo ano de certame.