Novas

Gañadores dos Premios Paraugas 2022

Santiago de Compostela, decembro de 2022.- O pasado 18 de novembro tivo lugar a gala de entrega dos VII Premios Paraugas, que premian aos mellores traballos en edición, impresión, deseño, creatividade, márketing dixital, márketing, comunicación e eventos desenvolvidos en Galicia.

En canto á entrega de premios, o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, foi o encargado de entregar a Categoría de Márketing Dixital, Pemios PuntoGal que patrocina a entidade, que destacan a mellor estratexia de márketing dixital, a mellor campaña de produto ou servizo e o mellor proxecto de social media. O xurado que destacou a calidade dos traballos presentados dos que foron premiados os seguintes.

Categoría Impresión e Edición

Mellor Libro
Francesc Torres. Crebas. Gráficas Anduriña

Mellor Catálogo Comercial
Tecsoled Professional Lighting Tools. Meraki Creatividad

Mellor Traballo feito en Impresión Dixital
Tokyo Nights. Tórculo Comunicación Gráfica

Categoría Deseño (Premios GAIN)

Mellor Deseño Gráfico
Proxecto editorial e rebranding da revista Tempos Novos – Daniel Pino

Mellor Deseño Industrial ou de Produto
Oco. Cenlitrosmetrocadrado – Rodiñas

Mellor Deseño Dixital
Web Médula Flor. Tío Phil

Categoría Creatividade

Mellor Idea
Tahona Entroido. Kindergarten

Mellor Campaña
La Resistencia continúa. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)

Mellor Produción (Craft)
Prohibido bajar los brazos. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)

Categoría Márketing Dixital (Premios .Gal)

Mellor Estratexia de Márketing Dixital 360
Lo nuestro es lo tuyo. Estratividad – CEAC

Mellor Campaña de Performance Márketing ou Márketing de Resultados para un Produto ou Servizo
Estrategia de venta online para Holaluz. Bysidecar

Mellor Campaña de Social Media
Beca RUNKI al Maratón de NYC. Nasas – ENKI

Categoría Márketing (Premios Avante)

Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding’
XMAS GIFT, un food film by Frinsa. Reclam

Mellor Estratexia/Acción de Produto ou Servizo
Campaña Judías La Viuda de Parada y Alvela. Tío Phil

Mellor Estratexia de Márketing
La Resistencia continúa. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)

Categoría Comunicación (Premios Roi Scroll)

Mellor Estratexia de Comunicación Externa
Volta á Orixe. Siete Olas Comunicación – Orixe

Mellor Estratexia de Comunicación Interna
Jealsa segura. Tío Phil

Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
Gastronomía para una Inmensa Minoría. Hijos de Rivera (Cervezas 1906), de Esmerarte

Categoría Eventos (Premios TAC!)

Mellor Congreso
Deserto

Premio ao Mellor Evento
Premios Mestre Mateo. Quattro idcp – Academia Galega do Audiovisual

Parabéns ás premiadas e vémonos o ano que ven.