Axenda

CONVOCATORIA ELECCIÓNS PUNTOGAL

Cumprindo o acordado na Asemblea do 20 de setembro de 2023, e de acordo co establecido nos estatutos de PuntoGal, a Xunta Directiva convoca elección aos seguintes cargos cesantes da Xunta Directiva:

  • Vicepresidencia
  • Tesourería
  • Vogal 1
  • Vogal 2
  • Vogal 4

O Acto electoral celebrarase o día 20 de setembro de 2023, ás 17 horas, no CERSIA, con acceso online a quen non poida vir presencialmente.

O proceso axustarase ás seguintes normas:

  1. As candidaturas haberán de recibirse por correo electrónico antes do 19 de setembro de 2023 no enderezo info@dominio.gal . O prazo de recepción de candidaturas rematará o día 19 de setembro de 2023 as 23:59 horas.
  2. Poderán presentarse as persoas socias segundo o establecido nos estatutos, debendo identificar o nome e DNI da persoa que concorre á candidatura e expresando o posto ou número de vogalía a que presente.
  3. As candidaturas serán proclamadas pola xunta directiva dentro do día seguinte, 21 de setembro de 2023, e publicadas na web da Asociación PuntoGal.
  4. Cando so haxa unha candidatura para un posto ou vogalía, será declarada electa automaticamente. En caso de que non se presente ningunha candidatura para un determinado posto ou vogalía, quedará vacante.

Santiago de Compostela, a 14 de agosto de 2023.

O presidente

Manolo González