Convócase a Asemblea xeral ordinaria da Asociación PuntoGal que terá lugar no seguinte lugar e horas:
Data: martes, 6 de setembro de 2022
Hora:
1ª Convocatoria: 17:30 horas (CEST)
2ª Convocatoria: 18:00 horas (CEST)
Lugar de celebración: Cersia Empresa Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.
Para facilitar a asistencia, a asamblea poderá seguirse tamén en liña mediante Zoom. Para iso, contestade a este correo confirmando asistencia antes do luns 5. Recibiredes a ligazón para a asamblea unhas horas antes da 1º convocatoria.
No caso de que calquera persoa asociada non poida acudir, existe a posibilidade de delegar o seu voto (delegación de voto) enviando o documento cuberto e dixitalizado por correo electrónico (info@dominio.gal), antes do 1 de setembro de 2022. Cada socio poderá ter un máximo de 1 voto delegado, é dicir, o seu voto persoal máis outro en representación daquel membro que lle outorgue a delegación do voto ao seu favor.
Orde do día:
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
- Informe sobre a actividade da Xunta Directiva
- Aprobación, se procede, do exercicio económico do 2021
- Aprobación, se procede, do orzamento de 2022
- Asuntos de trámite
- Rogos e preguntas
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2022
Manuel González González
Presidente