Axenda

CONVOCATORIA ASEMBLEA 2025

Pola presente, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación PuntoGal que terá lugar en

Data: 10 de xullo de 2025

Hora: 

1ª Convocatoria: 17:30 horas (CEST)

2ª Convocatoria: 18:00 horas (CEST)

 

Lugar de Celebración: Biblioteca Baltar do Museo do Pobo Galego, Costa de San Domingos, s/n, Santiago de Compostela, e conexión online para quen non se poida achegar

No caso de que calquera persoa asociada non poda acudir,  seguirá existindo a posibilidade de delegar o seu voto enviando o documento cuberto e dixitalizado por correo electrónico (info@dominio.gal), antes do 8 de xullo de 2025. Cada socio poderá ter un máximo de 1 voto delegado, é dicir, o seu voto persoal máis outro en representación daquel membro que lle outorgue a delegación do voto ao seu favor.

 

Orde do día:

  • Aprobación se procede da acta da sesión anterior
  • Informe sobre a actividade da Xunta Directiva
  • Aprobación, se procede, do exercicio económico do 2024
  • Aprobación, se procede, do orzamento de 2025
  • Asuntos en trámite
  • Rogos e preguntas

 

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025

 

Manuel González González – Presidente