Axenda

CONVOCATORIA ELECCIÓNS PUNTOGAL

Cumprindo o acordado na Asemblea do 26 de xuño de 2024, e de acordo co establecido nos estatutos de PuntoGal, a Xunta Directiva convoca elección aos seguintes cargos cesantes da Xunta Directiva:

  • Presidencia
  • Secretaría
  • Vogal 3
  • Vogal 5

 

O Acto electoral celebrarase o día 10 de xullo de 2025, ás 17 horas, na Biblioteca Baltar do Museo do Pobo Galego, con acceso online a quen non poida vir presencialmente.

O proceso axustarase ás seguintes normas:

  1. As candidaturas haberán de recibirse por correo electrónico antes do 8 de xullo de 2025 no enderezo info@dominio.gal. O prazo de recepción de candidaturas rematará o día 8 de xullo de 2025 as 23:59 horas.
  2. Poderán presentarse as persoas socias segundo o establecido nos estatutos, debendo identificar o nome e DNI da persoa que concorre á candidatura e expresando o posto ou número de vogalía a que presente.
  3. As candidaturas serán proclamadas pola xunta directiva dentro do día seguinte, 9 de xullo de 2025
  4. Cando so haxa unha candidatura para un posto ou vogalía, será declarada electa automaticamente. En caso de que non se presente ningunha candidatura para un determinado posto ou vogalía, quedará vacante.

Santiago de Compostela, a 10 de xuño de 2025.

O presidente

Manolo González