PuntoGal entrega os V Premios Paraugas de Márketing Dixital
18 de febreiro de 2021 – Nesta edición outorgáronse 18 galardóns que recoñecen as boas prácticas no eido da impresión e da edición, do deseño, da creatividade, do márketing e do márketing dixital, da comunicación e, por vez primeira, da organización de eventos. Máis de 60 conexións, actuacións musicais por sorpresa e centos de participantes.