Convenios
Punto Gal renova o seu convenio con VINTE
26 de xaneiro de 2021 - A Asociación PuntoGal e a revista dixital VINTE, asociada ao xornal Praza.gal, renovan o convenio para a publicación da sección “VINTE na rede”, unha serie de reportaxes que de xeito periódico analizan a creación de contido en galego que podemos ver na web e nas redes sociais.
PuntoGal e o UVigo SpaceLab asinan un convenio de colaboración
21 de xaneiro de 2021 - O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e o Project Manager de UVigo SpaceLab, Manuel Diz, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o UVigo SpaceLab se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal.
PuntoGal e Nós Diario asinan un convenio de colaboración
11 de xaneiro de 2021 - O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González, e o de Sermos Galiza, editora de Nós Diario, Xoán Costa, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal Nós Diario se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio.
Renovado o Convenio coa Irmandade dos Apañacastañas
21 de decembro de 2020 - A Asociación PuntoGal e a Irmandade dos Apañacastañas, xestores do sitio Apalpador.gal volveron asinar un convenio de colaboración para a promoción da figura do Apalpador, como figura icónica do Nadal galego.