PuntoGal e Agasallo continuan cos sorteos de produtos galegos (e en galego) para todos os que nos seguen en redes sociais.
Participar é moi doado. Isto é o que hai que facer:
Seguir a PuntoGal e Agasallo nalgunha das seguintes redes:
Twitter https://twitter.com/punto_gal
Instagram https://www.instagram.com/puntogal/
Facebook https://www.facebook.com/puntogal
Twitter: https://twitter.com/AgasalloEu
Instagram: https://www.instagram.com/agasalloeu/
Facebook: https://www.facebook.com/AgasalloEu
Nelas verás unha publicación ou chío no que se fala dos regalos deste mes. O único que tes que facer é compartir e darlle a ‘gústame’ no post. Tedes ata o mércores 31 de maio ás 23:59 para facelo.
Cando remate o prazo, publicaremos nas mesmas redes o nome da persoa gañadora.
En calquera caso, se tedes dúbidas, aquí tedes as bases detalladas para participar.
E imos xa cos produtos deste mes. Temos lectura, xogos e unha cunca para tomarlle un algo e disfrutar :
1. O xogo de mesa Vacaloura de Ozocogz que presentaron en novembro/decembro do ano pasado; está pensado para aprender galego xogando. É un xogo de mesa para entreter e divertir, buscando dun xeito ameno aprender, practicar e mellorar o galego. Ozocogz é unha iniciativa que xurde dunha actividade particular que co éxito os levo a montar unha tenda en liña, cun nome que abranga a identidade galega da empresa máis o comercial, co significado de Zoco no mundo árabe.
2. O volume de banda deseñada Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil de Antón Mascato e Pepe Carreiro, publicado por Galaxia. Unha biografía do homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, onde podemos descubrir as mil versións de Paco del Riego e a súa implicación con Galicia. A Editorial Galaxia é unha editorial fundada en 1950 en Santiago de Compostela por Ramón Otero Pedrayo.
3. A Cunca da Xeración X de Atlántica, tenda de Santiago que ten a súa web en .gal con produción plenamente galega en téxtil e outro tipo de menaxe. Os seus deseños están basados en inconografía moi coñecida en Galicia que remite a diferentes aspectos da cultura galega, incluso recordándonos a nosa infancia na categoría de Xabarín Club.
Animádevos a participar!