Novas de interese

PuntoGal colabora un ano máis nunha FIRST LEGO League Galicia que acada o seu récord de participantes

A Coruña, 16 de marzo de 2026.- Este sábado, día 14 de marzo, celebrouse a duodécima edición da FIRST LEGO League Galicia na que PuntoGal colaborou por noveno ano consecutivo como patrocinador. A FIRST LEGO League é un programa internacional que fomenta as vocacións científicas e tecnolóxicas entre mozos e mozas, a través dun desafío que os equipos deben resolver. Este evento está organizado en Galicia pola Universidade da Coruña, a través da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e o Campus Industrial.

Neste ano no desafío UNEARTHED, os máis de 450 mozas e mozos exploran como o os restos arqueolóxicos, as ferramentas e coñecementos do pasado axudan e entender e deseñar un futuro mellor. A FIRST LEGO invita ós equipos a descubrir a diversión e a emoción da ciencia e a tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas mentres resolven problemáticas reais. Os equipos deseñan, crean e proban robots autónomos e operados por controladores, que deberán superar unhas probas durante o torneo.

O torneo celebrouse na Facultade de Humanidades e Documentación e na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, mentres que o Xogo do Robot se disputou no Pavillón de Esteiro. O Auditorio Municipal acolleu, pola súa parte, a entrega de premios, xa en horario de tarde. Este é o palmarés da edición:

–Primeiro Premio Ingeniera Soy ao equipo gañador – ROBOT CITY POBRA, de MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)
–Segundo Premio Universidade da Coruña ao equipo gañador – H4CKZ4POS, de Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
–Terceiro Premio Campus Industrial de Ferrol ao equipo gañador – Montecastelo BOT, do Colexio Fomento Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
–Primeiro Premio Concello de Ferrol aos Valores FIRST– CTRL+T, das IES As Telleiras (Narón, A Coruña)
–Segundo Premio Deputación da Coruña aos Valores FIRST – MEGA RIBEIRA SUPER LEGO, de MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)
–Terceiro Premio aos Valores FIRST – Brain Builders, do IES Llanes (Llanes, Asturias)
–Primeiro Premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación – ArqueOrt, do IES Ortigueira (Ortigueira, A Coruña)
–Segundo Premio Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) ao Proxecto de Innovación para STEAM GIRLS Las Acacias, do Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
–Primeiro Premio ao Deseño do Robot – MEGA BUILDER TEAM, de MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)
–Segundo Premio ao Deseño do Robot – TEAM KRAKEN, do Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias)
–Primeiro Premio ao Comportamento do Robot – Montecastelo BOT, do Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
–Segundo Premio ao Comportamento do Robot – H4CKZAPOS, de Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
Premio .GAL ás Novas Promesas – NATURALAXE, do CEIP Plurilingüe A Laxe (Ferrol, A Coruña)
–Premio Gabadi á Excelencia en Enxeñaría – Kraken Girls, do Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias)
–Premio ao Emprendemento – R4PZ4POS, de Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
–Premio ao Compañeirismo Extraordinario – PEÑA BOTS, do Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)
–Primeiro Premio á Adestradora – Andrea Iglesias e Lidia Abuín – NATURALAXE, do CEIP Plurilingüe A Laxe (Ferrol, A Coruña)
–Segundo Premio á Adestradora – Irene Montenegro e María Ángeles Ruíz –Matas – Equipo Carvalho, do IES Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, A Coruña)

 

Os representantes das entidades colaboradoras foron as encargadas de entregar os premios. Este ano, PuntoGal volveu entregar o premio ás novas promesas, que recoñece ao equipo que os xuices consideraron que destacaba especialmente e do que se esperan grandes avances no futuro.O galardón recaeu en NATURALAXE, do CEIP Plurilingüe A Laxe de Ferrol.

O equipo ROBO CITY POBRA, de MEGA Riveira (Ribeira), o equipo H4CKZ4POS, de Gazapo Xestión (Narón) e o equipo MontecasteloBOT, do Colexio Las Acacias (Vigo), serán os representantes de Galicia na GRAN FINAL NACIONAL da FIRST LEGO League que terá lugar, o próximo 11 de abril no Fórum evolución de Burgos. Estes equipos serían os que terían a posibilidade de participar, dependendo do seu desempeño, na GRAN FINAL INTERNACIONAL de Houston, que terá lugar entre os días 29 de abril e 2 de maio.

PuntoGal mantén un convenio de colaboración e patrocinio coa Universidade da Coruña para apoiar o evento, que forma parte da área de proxectos institucionais do dominio.