Novas

Novo sorteo en xuño de Agasallo e PuntoGal

PuntoGal e Agasallo continuan cos sorteos de produtos galegos (e en galego) para todos os que nos seguen en redes sociais.

Participar é moi doado. Isto é o que hai que facer:
Seguir a PuntoGal e Agasallo nalgunha das seguintes redes:

Twitter https://twitter.com/punto_gal
Instagram https://www.instagram.com/puntogal/
Facebook https://www.facebook.com/puntogal
Twitter: https://twitter.com/AgasalloEu
Instagram: https://www.instagram.com/agasalloeu/
Facebook: https://www.facebook.com/AgasalloEu

Nelas verás unha publicación ou chío no que se fala dos regalos deste mes. O único que tes que facer é compartir e darlle a ‘gústame’ no post. Tedes ata o venres 30 de xuño ás 23:59 para facelo.

Cando remate o prazo, publicaremos nas mesmas redes o nome da persoa gañadora.

En calquera caso, se tedes dúbidas, aquí tedes as bases detalladas para participar.

E imos xa cos produtos deste mes. Temos lectura, música e deseño en galego:

1. A recente recompilación de relatos publicada por Xerais baixo o título Miño: https://www.xerais.gal/libro.php?id=7458173. Unha antoloxía xordida dunha iniciativa  da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Le-tras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, que fai unha visión xeral do estado da narrativa actual. Edición Xerais Galicia é unha empresa editorial con máis de 40 anos de edición en lingua galega.

2. Suxeitalibros “Miña casiña, meu lar” no tamaño XL de Imprime3d. I3D é unha empresa que deseñan obxectos únicos da nosa cultura e personalizan para ocasións especiais en escultura dixital. Veñen de inagurar o seu novo local o novo local I3DTech en Monasterio de Caaveiro na Coruña, onde impartirán aulas de deseño dixital.

3. O disco “Acrópole” de Fillas de Cassandra dúo de rapazas que irromperon con forza este ano e están a soar e xirar moito ultimamente. A súa música aposta polo tradicional e a creación das novas líricas, dándolle voz as que foron feitas de olvido e bebendo de outras músicas máis acutais.

4. Unha lámina relativa ao San Xoán de ASilvatiica, unha artista de orixe romanesa que vive en Arzúa. Esta artista multidisciplinar asentada en Arzúa fai láminas de impresión dixital únicas, numeradas e asinadas, sobre elementos da natureza.

Animádevos a participar!