Novas, Novas de interese

A selección galega de fútbol gaélico aspira a tocar o ceo no Campeonato Europeo

O fútbol gaélico ten a súa orixe en Irlanda, e é un deporte moi popular neste país. A lenda di que comezou na época celta, e nos rituais relixiosos que celebraban, nos que trataban de levar unha pelota de coiro ata a aldea rival atravesando os campos e evitando aos rivales.

Dous equipos formados por 15 xogadores (11 no noso país) enfróntanse nun campo rectangular de céspede e o que consiga máis puntos, gaña o partido. A cada lado do campo hai unha portería en forma de H. Para gañar puntos hai que lanzar o balón por enriba do longueiro (1 punto) ou marcar goles (3 puntos). A pelota pode tocarse coas máns e cos pés, e require moita coordinación e concentración. Ten xogadas propias que non existen noutros deportes, coma o crouch lift, que consiste en picar o balón contra as máns xa que é ilegal collelo coas máns se está no chan. Cada partido dura 60 minutos e se dividen en dúas partes de 30 minutos cada unha, excepto se é senior entre dous condados, que dura 70 minutos.

O compañerismo é a regla de oro deste deporte, que se practica a nivel internacional e galego.

En Galicia, a Asociación Galega de Fútbol Gaélico é organismo que regula este deporte. Entre as súas labores, encárgase de:

  • Organizar anualmente competicións deste deporte
  • Xestionar a selección galega de fútbol gaélico
  • Organizar eventos deportivos asociados con este deporte
  • Ensinar as bases do fútbol gaélico
  • Promocionar o deporte feminino
  • Difundir valores deportivos

É o único deporte en el que Galicia ten selección oficial propia e aspira a tocar o ceo.

A causa da pandemia, o fútbol gaélico viuse moi afectado polas restricións vinculadas á mesma. O campionato europeo disputado entre Pontevedra e Poio supón unha oportunidade para que o fútbol gaélico volva a rexurdir tras o Covid-19, e celébrase os días 15 e 16 de xullo.

Neste deporte, como se mencionou antes, o compañerismo é clave, e tamén o é a inclusividade. Este ano, o número de equipos femininos en Galicia doblouse e pasaron de ser 5 a 10.

Se a ti ou a calquer persoa do teu arredor lle interesa o fútbol gaélico, esta é unha breve guía dos partidos que se van disputar ao longo dos dous días do Europeo:

  • Na categoría de homes, os partidos nos que compite a selección galega o venres celebraránse ás 9:40 en Monteporreiro e as 11.30, 13:55 e 17.00 no campo da Xunqueira.
  • O sábado, as semifinais masculinas comezan as 11.35 en ambos campos e as finais comezan ás 15:45 no campo da Xunqueira.
  • Na categoría femenina, o venres, a selección galega comezará xogando ás 9:00 e as 10:15 no campo da Xunqueira. De 10:55 ata as 14.30 xogará no campo de Monteporreiro. Finalizará esta xornada competindo no campo de A Xunqueira ás 17:35 e as 18:50.
  • O sábado as 10:20 comezan os cuartos de final no campo de A Xunqueira. A semifinal se xogará a partir das 12:15, nos dous campos, e a final as 14:30, no campo da Xunqueira.

Este horario pode estar suxeito a cambios.

Todos os partidos da selección galega podes velos en streaming desde as redes sociales da Asociación de Fútbol Gaélico, que son twitter, instagram, facebook e youtube. A fase final se retrasmitirá na TVG.

Se che interesa ou lle interesa a alguén do teu arredor o fútbol gaélico, non dúbides en poñerte en contacto con Gaélico Escolas, que che dará a información necesaria para comezar no mundo deste deporte.