Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024– O pasado mércores, 26 de xuño, o Museo do Pobo de Santiago de Compostela acolleu a Asemblea anual de PuntoGal. Manuel González, presidente do dominio, abriu unha sesión na que o director xeral, Darío Janeiro, informou das actividades realizadas no último ano, así como do peche contable do ano anterior e dos novos orzamentos.
Na sesión incidiuse na idea de que PuntoGal debe ser un actor relevante da sociedade civil galega mediante o seu programa de acción corporativa, que inclúe patrocinios e apoio a actividades no marco da lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Tamén se falou do deseño dos actos de celebración do décimo aniversario do dominio que se levarán a cabo ao longo deste ano.
Os e as asistentes aprobaron por unaminidade a xestión, así como o orzamento de 2024. Igualmente, déuselle o visto e prace ao peche contable de 2023, que ofreceu un saldo positivo nas contas do dominio.