Novas, Proxectos

Psico VR, Orballo e Grupo VARPA reciben os premios Spin-Off PuntoGal en Santiago

Santiago de Compostela, 17 de diciembre de 2020.- O acto de entrega da IV edición dos Premios Spin-Off PuntoGal celebrouse hoxe na Cidade da Cultura de Galicia coa presenza de destacadas autoridades institucionais e universitarias e con representantes dos gañadores nas tres categorías do certame. As empresas Psico VR (Idea Emerxente) e Orballo (Selo de Calidade) e o Grupo VARPA (Grupos de Investigación) foron as gañadoras duns premios que contaron con preto de 15 candidaturas de “alta calidade”, segundo destacou o xurado. Data Monitoring tamén recibiu o seu galardón coma finalista na categoría Idea Emerxente.

No acto participaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro, e o reitor da Universidade da Coruña UDC), Julio Abalde Alonso, o presidente de PuntoGal, Manuel González, entre otras autoridades. Os premios son organizados polo dominio PuntoGal e GCiencia e contan co apoio da Secretaría Xeral de Universidades e da empresa Gadis.

Na súa intervención o reitor da UDC sinalou a necesidade de apostar por universidades fortes en Galicia para favorecer a transferencia de coñecemento e poder apoiar ás empresas spin-off nos seus primeiros pasos no mercado. Pola súa parte, Díez de Castro aludiu á importancia de eventos deste tipo para demostrar o compromiso das universidades coa sociedade a través da transferencia de coñecemento. Neste sentido, destacou especialmente a creación dunha nova categorías nestes premios para recoñecer o traballo dos grupos de investigación universitarios.

alcalde de Santiago apuntou que Galicia non se pode permitir outra perda de capital humano coma a que aconteceu noutras épocas e indicou que para impedila é necesaria unha aposta decidida pola innovación, o coñecemento e a investigación.

Pola súa parte o presidente de PuntoGal, Manuel González, destacou que potenciar a presenza feminina no tecido empresarial e da investigación é de xustiza. Así mesmo falou da labor que leva a cabo a Asociación PuntoGal, xestora do dominio.gal, como difusores e colaboradores de iniciativas que fomenten a lingua, cultura e novas tecnoloxías en Galicia.

Por parte dos premiados houbo unha coincidencia xeral en agradecer a concesión destes galardóns e destacar a súa importancia xa que implica apoiar o traballo que se realiza nas start-ups galegas e nos grupos de investigación universitarios. As empresas e grupos galardoados recibiron unha peza conmemorativa exclusiva deseñada polo artista galego Gran Sátrapa, ademais de diplomas acreditativos e subscricións ao dominio PuntoGal.

Os premios contan con tres categorías: Selo de Calidade, Idea Emerxente e Grupos de Investigación. Na primeira foi designada gañadora a empresa Orballo, asentada na comarca das Mariñas coruñesas, e dedicada a produción e comercialización de produtos ecolóxicos de orixe galega. O xurado destacou a súa aposta innovadora polo desenvolvemento do sector rural galego e a consolidación dunha cifra de negocio e dun mercado nacional e internacional.

No apartado Idea Emerxente a gañadora foi Psico VR, empresa que traballa no campo da Realidade Virtual e que desenvolve actualmente diversos proxectos para empresas e institucións de prestixio. O xurado destacou ás solucións aportadas pola empresa para necesidades coma a atención sanitaria e o coidado das persoas maiores. Nesta categoría obtivo unha mención coma finalista a empresa lucense Data Monitoring, que desenvolve ferramentas informáticas para aplicar en diversos sectores produtivos.

Finalmente, no apartado de grupos de investigación o gañador foi o Grupo VARPA, adscrito á Universidade de A Coruña, e que traballa dende hai anos no desenvolvemento de programas informáticos para a telemedicina. Neste campo o grupo conta con contratos, patentes e publicacións moi destacadas.