PuntoGal participará o próximo 24 de abril nas XXX Xornadas de Lingua e Literatura Galegas organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Cig-Ensino. A AS-PG e a CIG Ensino levan 30 anos celebrando as Xornadas de Lingua e Literatura que pretenden servir de actualización e lugar de reflexión para as docentes de dita materia. A inscrición para quen queira participar está aberta, e conta coa colaboración do concello de Santiago de Compostela. Este ano levarase a cabo polo sistema de videoconferencia por mor da pandemia causada pola Covid-19. A xornada contará con sesións de mañá e tarde, e nelas intervirán persoeiros de diferentes sectores do ámbito cultural galego. PuntoGal, estará presente nas xornadas da tarde para dialogar cos principais promotores da difusión e promoción da lingua galega, que son os propios mestres e profesores do galego.