Novas, Proxectos

Todo listo para a entrega dos Premios Paraugas

Aínda que cun pouco de atraso, chega a festa da comunicación e o márketing de Galicia. Este venres día 12 celébrase a gala de entrega dos Premios Paraugas. É a edición do 2020 e, coma sempre, PuntoGal está presente para a entrega do premio que leva o noso nome, o de márketing dixital. É verdade que non nos veremos en persoa, en Ourense, como fixemos outros anos. Estaremos nas nosas casas, pero igual de intrigados e pendentes do resultado.

Este ano, a cousa está complicada, porque todas as propostas son moi interesantes. Para ir facendo as vosas apostas, estes son os candidatos:

Finalistas á Mellor Estratexia de Marketing Dixital

Treixadura. Modo Ribeiro. Nasas

Bonilla a la Vista: una transformación digital de cine. Visual Publinet

Estrategia de comunicación Museo MOCA. Cafés Candelas y La Cinematográfica

Finalistas á Mellor Campaña de Produto ou Servizo

Son EG 2020, Accións Covid. Son Estrella Galicia – Hijos de Rivera

El Resu EG resiste. Estrella Galicia – Hijos de Rivera

Navidad de Bigotes. Nueva Pescanova

Finalistas ao Mellor Proxecto de Social Media

Estratexia en redes sociais Arturo Álvarez. Teiga, Studio

Cultura de Cerveza en redes sociais. Cervezas 1906 – Hijos de Rivera

Husqvarna España – redes sociais. Nasas

E, para despexar as dúbidas, non queda máis que conectarse a https://premios.clustercomunicacion.gal/galadirecto. Recordade, este venres, ás nova da noite. O traxe de gala é opcional.