Novas, Proxectos

Renovado o Convenio coa Irmandade dos Apañacastañas

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020.- A Asociación PuntoGal e a Irmandade dos Apañacastañas, xestores do sitio Apalpador.gal volveron asinar un convenio de colaboración para a promoción da figura do Apalpador, como figura icónica do Nadal galego.

A Irmandade dos Apañacastañas, levan anos ofrecendo diferentes materiais sobre esta figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos a noite de ano vello. Nun dos apartados podedes atopar unha ligazón para enviarlle a carta ao Apalpador.

Este ano agasállannos cunha imaxe do apapalpador máis acorde cos tempos de pandemia, o Apalpador este ano vai de visita coa máscara posta.

PuntoGal é unha asociación sen ánimo de lucro, que ten como intención reinvestir en programas de promoción da lingua e cultura na rede para a comunidade galega, por iso está levando a cabo convenios con entidades culturais e asociacións profesionais.