Novas, Proxectos

Remata o IV Concurso de Microrrelatos de PuntoGal e a Academia Galega

Este pasado domingo día 28 de febreiro rematou o prazo de presentación de relatos para o IV Concurso de Microrrelatos de PuntoGal e a Real Academia Galega. As dúas entidades mostran a súa satisfacción pola crecente participación de relatos, que este ano superan os 1.500, o dobre da participación do ano anterior e tres veces máis que no segundo ano de certame. Os xurados, que están constituídos por membros propostos polas tres entidades que participan na creación deste certame, elixirán os tres mellores textos de cada categoría, que serán públicos despois de Semana Santa.