EDITA DE LORENZO, NOMEADA DIRECTORA XERAL DE PUNTOGAL
O número de solicitudes presentadas ao programa Pioneiros,134, superou ampliamente as prazas dispoñíbeis. A Asociación seleccionou aos 93 pioneiros segundo criterios de representatividade na sociedade, en función da contribución ofrecida ao lanzamento do .gal e garantindo que todos os sectores sociais estean representados. Das candidaturas recibidas, 39 foron administracións públicas, 32 empresas e 63 para asociacións. Seleccionáronse 93 coa seguinte distribución: 35 para administracións públicas, 15 para empresas e 43 para entidades sen ánimo de lucro. A Asociación quere agradecer o interese de todos os candidatos que, coa súa proposta, demostraron o compromiso que existe en todos os sectores da sociedade para que Galicia teña un identificador de seu na Rede. Os nomes pioneiros poderán activarse dende o vindeiro venres, data elixida por puntoGAL pola súa especial significación no país, unha vez resoltos os requisitos da posta en marcha para cada un deles, indicados na convocatoria.
O .gal aumentará o tráfico e os ingresos das páxinas galegas
O presidente da Asociación puntoGAL, Manuel González, detallou as vantaxes económicas, técnicas e simbólicas que aportará ao país dispor dun identificador de máximo nivel. González salientou no seu discurso que “os participantes neste programa son pioneiros de algo tan importante como que neste medio revolucionario que condiciona as nosas vidas Galicia teña un carné de identidade, que a lingua galega teña visibilidade”.
González tamén lembrou que dende o 1 de xuño puntoGAL mantivo numerosas reunións con empresas, administracións e asociacións para explicarlles a importancia do .gal e animalos a participar nos pioneiros. Grazas a esta labor logrouse, por exemplo, que o Parlamento de Galicia aprobase por unanimidade unha resolución de apoio ao dominio na que a Cámara pide expícitamente a todas as institucións que se sumen ao .gal . Ademais, a directiva de .gal mantivo encontros con, entre outros, o Valedor do Pobo, a Real Academia Galega todas as forzas políticas do hemiciclo, medios de comunicación, a Mesa pola Normalización ou a Asociación ProLíngua.
De Lorenzo, nova directora, explica as seguintes fases do lanzamento
O acto no Museo do Pobo serviu tamén para que puntoGAL anunciase o nomeamento da súa primeira directora xeral. Nunha recente xuntanza da dirección do organismo na que, entre outras cuestións, se aprobou o regulamento de funcionamento do mesmo, acordouse por unaminidade nomear para este posto a Edita de Lorenzo. Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (ETSE) na Universidade de Vigo, De Lorenzo é profesora titular do departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións dende 1998. Esta ourensana, enxeñeira de Telecomunicación e doutora pola Universidade de Vigo, forma parte da directiva de Coditel (Conferencia de Directores de Enxeñería de Telecomunicación), do Coetg/Aetg (Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacion de Galicia) e é vogal da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia dende 2011. Foi cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering), capítulo do IEEE (Institute of Electrical and Electronic Engineering).
A nova directora xeral destacou o apoio económico realizado polos pioneiros, pois a súa aportación é a única fonte de ingresos actual de puntoGAL. O obxectivo da Asociación é que o .gal se autofinancie e reinvista os posíbeis beneficios na sociedade galega. A doutora de Lorenzo deu as grazas a todos os que contribuíron ao lanzamento do novo identificador, especialmente aos que farán visible o dominio activándoo a partir do 25 de xullo.
Seis pioneiros terán que esperar un pouco máis
A directora xeral tamén sinalou que dos 93 pioneiros seleccionados, 6 están incluídos nunha lista da ICANN (o organismo que goberna as direccións da Internet) de millóns de enderezos de todos os novos dominios que non se poderán activar agora. É dicir; r.gal, cultur.gal, xunta.gal, crtvg.gal, ccoo.gal e socialistas.gal están xa rexistrados a nome desas organizacións; pero técnicamente non poderán entrar en funcionamento o 25 de xullo, como si poderán o resto de pioneiros. O motivo é que ICANN estableceu que 9,8 millóns de enderezos de novos dominios necesitan salvaguardas especiais para evitar confusións entre a Internet e as intranets. Esta lista -chamada por ICANN ‘confusión de nomes’ ou ‘name collision’ – afecta a todos os novos identificadores, non só ao .gal. Estes nomes entrarán en funcionamento en canto a ICANN determine o procedemento para activalos.
Abrente e Carreira: en paralelo dende setembro até novembro
Edita de Lorenzo tamén explicou as seguintes fases do lanzamento. Completados os Pioneiros, a seguinte fase, bautizada como Abrente, comezará en setembro, durará até novembro e busca protexer dominios de interese público. No Abrente as entidades públicas e privadas poderán exercer o seu dereito preferente de solicitar o seu dominio actual. Búscase así protexer os intereses de colectivos como propietarios de marcas, administracións públicas, marcas internacionais protexidas de acordo as normas da ICANN (o organismo que goberna os enderezos da Internet), etc. Cómpre lembrar que unha das finalidades do puntoGAL é que as empresas e institucións poidan presentar as súas marcas, produtos e servizos dunha maneira máis próxima aos galegos.
Paralelamente ao Abrente, haberá unha Carreira para o público en xeral para os enderezos que non teñan dereitos preferentes. Durante a Carreira poderase poxar por enderezos especialmente atractivos.
Fase Aberta: o dominio para todos en decembro
E finalmente, en decembro, chegará a Fase Aberta, na que todo o público poderá acceder ao dominio .gal sen máis restricións, como sucede como calquera dos dominos que levan tempo na Rede.
As características concretas de cada fase serán publicadas no portal www.dominio.gal con suficiente antelación. Ademais, a través desta páxina indicarase a fórmula para consultar e solventar dúbidas.
Os motivos para organizar o lanzamento en diferentes fases -como fan todos os novos dominios- son: garantir a estabilidade técnica do .gal, cumprir as normas establecidas por ICANN e asegurar un lanzamento ordenado, que protexa os dereitos públicos e privados.
Requerimentos para usar un .gal
Dominio.gal tamén explica que páxinas webs poderán mostrarse cun .gal . O rexistro será libre e os sitios web co .gal deben ter un contido mínimo significativo en lingua galega, aínda que se mostre tamén noutros idiomas. En caso de que non mostre contido en galego, deberán ser contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña específicamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento. Así o obriga a candidatura do .gal aprobada por ICANN.
Grazas polo masivo e interrompido apoio recibido estes sete anos
A Asociación puntoGAL está formada por 114 organizacións de todos os sectores sociais; incluídas as principais institucións culturais do país, as tres universidades, medios de comunicación, empresas de tecnoloxía, centros de galegos no exterior e ducias de asociacións culturais de base. Durante os seus sete anos de traballo continuado gañouse o apoio de máis de 12.000 persoas, apoio que foi fundamental para que ICANN aprobase a candidatura en 2013 e delegase o dominio esta primavera.
A todas estas persoas e institucións, puntoGAL quere dar as grazas unha vez máis. Dende este 25 de xullo, o domino é, máis ca nunca, voso.
A lista de 93 enderezos seleccionados, por orde alfabética, e a entidade rexistrante é a seguinte:
25dexullo.galXunta de Galicia
academia.gal
Real Academia Galega
adega.gal
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
aetg.gal
Asociación Enxeñeiros Telecomunicación de Galicia
agasol.gal
Asociación de Emresas Galegas de Software Libre (AGASOL)
age.gal
Alternativa Galega de Esquerda
amesa.gal
A Mesa pola Normalización Lingüística
amigosdopatrimoniodecastroverde.gal
Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
anova.gal
Anova – Irmandade Nacionalista
ascatedrais.gal
Concello de Ribadeo
atriga.gal
Axencia Tributaria de Galicia
avelinodiaz.gal
Hadrián Fernández Eiros “Ardao Eiros”
avogacia.gal
Consello da Avogacía de Galicia
avozdevilalba.gal
Asociación Cultural A Voz de Vilalba
axendadixital.gal
Xunta de Galicia
bng.gal
Bloque Nacionalista Galego
cabana.gal
Cabana Bergantiños
cambre.gal
Cambre
carballo.gal
Carballo
castrelo.gal
Castrelo de Miño
catedraldesantiago.gal
Catedral de Santiago
ccoo.gal
CCOO de Galicia
celta.gal
Real Club Celta de Vigo S.A.D.
cesga.gal
Fundación Centro Supercomputación de Galicia
cidadedacultura.gal
Cidade da Cultura de Galicia
clustertic.gal
Cluster TIC de Galicia
codigo.gal
Grupo Código Cero Comunicación
compromiso.gal
Compromiso por Galicia
concellodemanzaneda.gal
Manzaneda
consellodacultura.gal
Consello da Cultura Galega
cpeig.gal
Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia
crea.gal
Asociación CREA directores y realizadores de Galicia
crtvg.gal
Compañía de Radio-Televisión de Galicia
csif.gal
Central Sindical Independiente e de Funcionarios de Galicia
ctnl.gal
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
cultur.gal
Jose Manuel Aldea Moscoso
cultura.gal
Xunta de Galicia
deputacionlugo.gal
Deputación provincial de Lugo
dinahosting.gal
Dinahosting
editorialgalaxia.gal
Editorial Galaxia, S.A.
elcorreogallego.gal
Editorial Compostela, S.A.
fegamp.gal
Federación Galega de Municipos e Provincias
feijoo.gal
Partido Popular
fundacioncastelao.gal
Fundación Castelao
fundacionislacouto.gal
Fundación Isla Couto
fundacionoteropedrayo.gal
Fundación Otero Pedrayo
gadis.gal
Gadisa Retail S.L.U.
galicia.gal
Xunta de Galicia
galiciacalidade.gal
Galicia Calidade
galiciaconfidencial.gal
Xurimaru Servizos de Comunicación
galizacig.gal
Confederación Intersindical Galega – CIG
goberno.gal
Xunta de Galicia
isoc.gal
Internet Society
lavozdegalicia.gal
La Voz de Galicia S.L.U.
liceodenoia.gal
Sociedade Cultural e Recreativa Liceo de Noia
lingua.gal
Xunta de Galicia
mundo-r.gal
R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A
museodopobo.gal
Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego
ordes.gal
Ordes
oval.gal
Cooperativa Santa María do Val S.C.G.
parlamento.gal
Parlamento de Galicia
pgl.gal
AssociaÇom Galega da Lingua (AGAL)
ponteceso.gal
Ponteceso
pontevedra.gal
Concello de Pontevedra
portaldaspalabras.gal
Real Academia Galega e Fundación Barrié
ppdegalicia.gal
Partido Popular
praza.gal
Fundación Praza Pública
presidente.gal
Xunta de Galicia
prolingua.gal
Asociación Cultural Prolingua
psdeg-psoe.gal
PSdeG
R.gal
R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A
radiofusion.gal
Emisoras Municipais Galegas
radiogalega.gal
Compañía de Radio-Televisión de Galicia
rcdeportivo.gal
Real Club Deportivo de La Coruña
redondela.gal
Concello de Redondela
reizentolo.gal
Rei Zentolo, S.L.
ribadeo.gal
Ribadeo
sermosgaliza.gal
Sermos Galiza, S.A.
snccoo.gal
CCOO de Galicia
socialistas.gal
PSdeG
teleco.gal
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
televisiondegalicia.gal
Compañía de Radio-Televisión de Galicia
teo.gal
Teo
turismo.gal
Xunta de Galicia
udc.gal
Universidade da Coruña
usc.gal
Universidade de Santiago de Compostela
uvigo.gal
Universidade de Vigo
valedordopobo.gal
Valedor do Pobo
veciñosporlugo.gal
Veciños por Lugo
vilardesantos.gal
Vilar de Santos
xerais.gal
Edicións Xerais de Galicia
xornalistas.gal
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
xunta.gal
Xunta de Galicia