Novas, Proxectos

PuntoGal entrega os V Premios Paraugas de Márketing Dixital

Nesta edición outorgáronse 18 galardóns que recoñecen as boas prácticas no eido da impresión e da edición, do deseño, da creatividade, do márketing e do márketing dixital, da comunicación e, por vez primeira, da organización de eventos. Máis de 60 conexións, actuacións musicais por sorpresa e centos de participantes que seguiron a gala en streaming constatan o éxito da primeira edición virtual dos Premios Paraugas, celebrada este venres 12 de febreiro a partir das 21:00 horas. “Aínda que esta vez o celebramos de maneira diferente, quixemos festexar esta quinta edición dos Premios Paraugas para recoñecer un ano máis a todos os profesionais que contribúen decisivamente á prosperidade do sector e que demostran así todo o talento que temos na casa”, afirma Xosé Luis Reza, presidente do Clúster da Comunicación de Galicia. Pola súa banda, PuntoGal entregou os premios da Categoría de Marketing Dixital ás seguintes campañas ou iniciativas: Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Marketing Dixital

  • Bonilla a la Vista: una transformación digital de cine. Visual Publinet

Premio Paraugas á Mellor Campaña de Produto ou Servizo

  • Navidad de Bigotes. Nueva Pescanova

Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media

  • Husqvarna España – redes sociais. Nasas

Os 52 proxectos finalistas seleccionáronse entre as máis de 250 candidaturas presentadas e, como nas edicións anteriores, o xurado estivo formado por profesionais de dilatada experiencia e de recoñecido prestixio no sector. Un dos principais obxectivos dos Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia, creados en 2016 polo Clúster da Comunicación, é servir de plataforma para a difusión do talento dos profesionais do sector. Os 52 proxectos finalistas seleccionáronse entre as máis de 250 candidaturas presentadas e, como nas edicións anteriores, o xurado estivo formado por profesionais de dilatada experiencia e de recoñecido prestixio no sector. Relación de premiados A continuación, detállanse os proxectos distinguidos no marco de cada unha das categorías: Na categoría de impresión e edición, patrocinada por HP Indigo. Premio Paraugas ao Mellor Libro

  • O pacto do Letargo. O tríscele roubado. Gráficas Anduriña

Premio Paraugas ao Mellor Catálogo Publicitario

  • Catálogo Iluminación 2020. Tecsoled. Meraki Creatividad

Premio Paraugas ao Mellor Traballo Comercial de impresión

  • Recetas para conservar otros 150 años (Albo). Wired & Linked

Na Categoría de deseño, patrocinada por GAIN Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico

  • Restyling da marca 1906. Cervezas 1906 – Hijos de Rivera

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto

  • Power Bike P2R. Pablo Iglesias – Lavelle Bikes

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital

  • Web Arturo Álvarez. Teiga, Studio

Na categoría de creatividade,  patrocinada por ICON Premio Paraugas á Mellor Creatividade Gráfica

  • Naipes Agencia Gráfica. Desescribir – Álvaro Valiño – Cibrán Rico – Suso Vázquez

Premio Paraugas á Mellor Creatividade Audiovisual

  • Navidad de Bigotes. Nueva Pescanova

Premio Paraugas á Mellor Execución de Idea

  • #DígochoEu. Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)

Na categoría de comunicación,  patrocinada por Galicia Calidade Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa

  • Bonilla a la vista-Parásitos. Eme Comunicación-Wise

Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna

  • El Cluedo. Wired & Linked

Premio Paraugas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial

  • Camino Sostenible. Miramemira

Na categoría de marketing, patrocinada por Avante Evolumedia Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding’

  • Manifiesto (La Resistencia se une a La Resistencia). Estrella Galicia – Hijos de Rivera-Tony Lebrand

Premio paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Produto

  • Brocha de afeitar Edición Limitada A Rapa das Bestas. Carlos Conde Peluqueros

Na categoría de eventos, patrocinada por TAC Premio Paraugas ao Mellor Evento

  • ECAI 2020 – Programa social virtual. Trevisani

O Premio Paraugas á Mellor Acción Relación/Escoita ao Cliente (da categoría de Marketing-Premios Avante Evolumedia) quedou deserto. O xurado considerou que ningunha das candidaturas presentadas cumpría cos criterios de valoración establecidos nas bases dos V Premios Paraugas. Mencións especiais O xurado da categoría de Marketing quixo destacar cunha mención dúas obras por consideralas un gran expoñente da adaptación da creatividade e das estratexias de marketing ao contexto COVID, e por iso outorgaron un “Recoñecemento Especial do Xurado” a: SON Galicia, de Estrella Galicia, e tamén a Súper Feirón, da Xunta de Galicia. Ademais, o xurado da categoría Eventos tamén quixo darlle un recoñecemento especial ao proxecto Galicia MICE, de Trevisani, por ser unha verdadeira panca para dar a coñecer as posibilidades de Galicia non só como sede, senón tamén como promotor de eventos. Patrocinadores e colaboradores Os V Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing de Galicia contan co patrocinio de entidades e empresas como HP, ICON, PuntoGal, Avante Evolumedia, Galicia Calidade, TAC!, GAIN (Axencia Galega de Innovación) e a Deputación de Ourense. Nesta edición tamén colaboran Atelier Gráfica Visual, Miraveo, Atlántica Centro de Arte, Esmerarte, Cultura Activa, Aceites Abril, Markea, Dircom Galicia, Creatividade Galega e OPC Galicia (ademais de contar co apoio do Igape).