Asociacións culturais, colexios profesionais, centros galegos e empresas apoian o .gal
A iniciativa a prol dun dominio en Internet para a cultura e lingua galega, promovida pola Asociación PuntoGal, conta xa co respaldo de 100 entidades de diversa índole.Desde a posta en marcha do proxecto, no verán do 2006, importantes entidades do mundo da cultura, lingua e da sociedade galegas foron sumándose á iniciativa amosando o seu apoio á creación do .gal: asociacións culturais e xuvenís, colexios profesionais, organizacións empresarias, editoriais, medios de comunicacións, empresas TIC,centros galegos no exterior,etc,…
Ademais, son máis de 11.000 as persoas que coa súa sinatura apoian, de forma individual, a reivindicación dun dominio propio para a lingua e a cultura galegas.
Aquelas entidades que queiran sumarse ao proxecto poden facelo cubrindo o formulario de adhesión incluído na sección “Entidades adheridas” e enviándoo á Asociación PuntoGal.
As persoas a título individual poden respaldar a iniciativa inscribíndose na sección Apoios individuais.