- Aprobación se procede da acta da sesión anterior
- Informe sobre a actividade da Xunta Directiva
- Aprobación, se procede, do exercicio económico do 2019
- Aprobación, se procede, do orzamento de 2020
- Asuntos en trámite
- Rogos e preguntas
Pola presente, convócase a Asemblea xeral ordinaria da Asociación PuntoGal que terá lugar
Data: mércores, 18 de novembro de 2020
Hora: 1ª Convocatoria: 18:30 horas (CEST)
2ª Convocatoria: 19:00 horas (CEST)
Celebración: Convocatoria virtual, A asemblea celebrarase de forma virtual debido á pandemia de Covid-19. Nos vindeiro días remitirase un correo electrónico con información detallada para participar nela.
A celebración da Asemblea terá as seguintes características especiais:
1.- A asemblea celebrarase de xeito virtual mediante unha aplicación de videoconferencia que permita a participación activa de todas as persoas asociadas.
2.- No caso de que calquera persoa asociada non poda conectarse virtualmente, seguirá existindo a posibilidade de delegar o seu voto (delegación de voto) enviando o documento cuberto e dixitalizado por correo electrónico (info@dominio.gal), antes do 17 de novembro de 2020. Cada socio poderá ter un máximo de 1 voto delegado, é dicir, o seu voto persoal máis outro en representación daquel membro que lle outorgue a delegación do voto ao seu favor.
Orde do día: