SOCIOS
-
Asociación constituída no ano 2008 cuxos obxetivos pasan pola dignificación da música e cultura tradicional de Galiza, a defensa da lingua galega e a normalización da nosa tradición prinicipalmente poñendo a música e cultura tradicional no cerne dos mellores momento de lecer. O festival Noite da Lúa Meiga pretende ser a súa aposta neste senso.
-
Cun carácter de órgano asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización, ao Consello da Cultura Galega compételle a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Está composto por representantes de entidades e por personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega
-
Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que ten como fin cívico a localización de software libre ao galego e o apoio aos tradutores. O proxecto nace no ano 2000 e dende o 2009 formalízase como unha asociación de promoción e difusión de software libre adaptado as necesidades e requerimentos lingüísticos dos galegofalantes.
Socios actuaIS
Formulario de adhesión
Se queres ser membro da Asociación PuntoGal e formas parte dunha entidade con personalidade xurídica e capacidade de obrar e traballades no fomento da lingua e cultura galega, sigue os seguintes pasos:- Descarga e cubre o documento de adhesión,
- Enche o seguinte formulario e envía adxunto a seguinte documentación:
- Documento de adhesión rubricado e debidamente cuberto.
- Documento interno (certificado da asemblea, da xunta de accionistas, etc.) no que figure a aprobación sumarse á Asociación puntoGAL.
- O nome dos tres socios da Asociación puntoGAL que emiten informe favorábel á adhesión